Xaime's profileA CUCHA DE XAIMENAUTAPhotosBlogListsMore ![]() | Help |
A CUCHA DE XAIMENAUTANo meu pobo un pais, nos meus amigos unha patria e no mar unha casa |
|||||||||||||||||||||||
|
Gracias por pasarte, un saudo!
toño fdwrote:
Cago na, a foto escollida eche ben parecida, jajaja, non sabía que eras un personaje anime, voulle preguntar a Marcos de que ano, serie... pertence a imaxe...xdddd
Buneo, señor agregado, espero que embarque o antes posible!!!
Dec. 18
Institutos meteorolóxicos, cartas isobáricas, partes, alertas...
Autoridades Portuarias
|
Navieras con buques RoPaxLISTADO DE NAVIERAS Actualizado: decembro 2008 Por: xaimenauta (A Coruña)
Listado de teléfonos, correos e ligazóns das navieras con buques RoPax que operan en España. Agradezo calquera comentario, crítica e corrección. Espero sexa de utilidade. ACCIONA Trasmediterranea Lineas Marítimas Europeas
por Xaimenauta. A Coruña08 Crise navideña nas escolas de náutica!
ÚLTIMAS NOTICIAS
Antonte centos de alumnos de náutica manifestáronse en tódalas cidades de Europa en contra do último ditame das súas maxestades, os Reises Magos de Oriente. Ao grito de "FASCISTAS" e " VIVA PAPANOEL, VIVA A REPUBLICA" centos de miles de agregados e alumnos tomaron as rúas, incluso chegando a protagonizar disturbios nas cidades gregas, estendéndose esporadicamente a París, Berlín, Madrid e Barcelona.
O ditame real obedeceu a unha desesperada necesidade de premiar ao profesorado; non existindo un agasallo que compense o bo comportamento destes, os reises, reunidos con carácter de urxencia, e tras oito horas de reunión , nas que non faltou turrón, mirra e mel, decidiron suspender a docencia nas escolas de náutica, para que o corpo docente desfrute polo menos duns días de relax con aulas valeiras.
Onte nunha mensaxe por televisión dirixida aos cidadáns, o rei Gaspar declarou "non toleraremos ningún tipo de insubordinación, e para garantir o cumprimento do ditame e restablecer a orde despregaranse centos de paxes naquelas cidades na que exista presenza de agregados e alumnos de náutica. Os paxes teñen ordes de impedir calquera acceso dos alumnos as aulas, estando autorizados a usa-la forza".
Pola contra o profesorado non se pronuncia, aínda que prometen facer unha declaración fulminate no mes de febreiro e de xuño. De todos modos enquisa ao sector docente masculino rebelan que o que en realidade pediron foi "equiparar os seus regalos cós da Facultade de Arquitectura de A Coruña."
A situación a estas horas é crítica, centos de alumnos agloméranse ás portas das escolas, as exportacións de carne de dromedario caen en picado, camións cargados con mirra son saqueados, correos acusa unha gran baixada de correspondencia cara oriente e anuncia despidos masivos, proliferación dos grupos terroristas árticos afíns ao extremista San Nicolás, de proseguir a situación posiblemente desencadee unha crise mundial.
Non se descarta a imposición da lei marcial. por Xaimenauta. A Coruña08 Frecuencias VHF Banda MarínaVHF BANDA MARINA Listado de frecuencias Canal Estación 1 Estación 2 Clase 0 156.000 156.000 privada Manual do bo palabrante 1PRINCIPAIS CORRECCIÓNS AO DICCIONARIO DA RAE
O diccionario da RAE no súa referente a "gallego" plantexa entre outras as seguintes acepcións:
Buscando un maior resumo, claridade e comprensión do termo, o meu manual propón as seguintes modificacións:
Con estas correccións espero acabar coa polemica no referente o termo "gallego", sempre dentro do talante e concordancia. Un saudo e ata a próxima entrega do "Manual do bo palabrante" por Xaimenauta, A Coruña08 |
||||||||||||||||||||||
|
|